Portada / Recursos para periodistas / Narrativas alternativas / Mina Shayan: «Todas as mulleres musulmás están no punto de mira»

Mina Shayan: «Todas as mulleres musulmás están no punto de mira»

Publicado por Alicia Casas en Galicia Confidencial el 18 de junio de 2018

Aproveitando a data do fin de Ramadán, o proxecto «Mulleres musulmás pola participación social» reivindicou a ocupación dos espazos públicos para celebrar as festas populares que representen a diversidade cultural galega. Galicia Confidencial falou con Mina Shayan, técnica de intervención de SOS Racismo encargada de levar a cabo este proxecto.

 

Desmontar estereotiposvisibilizar unha cara máis real da poboación musulmá e combatir  a imaxe terxiversada que tanto perxudica a convivencia. Loitar contra a Islamofobia. Eses son os obxectivos que levaron ás mulleres participantes no proxecto «Mulleres musulmás pola participación social» da Federación estatal de SOS Racismo en Galicia, coa colaboración da Asociación Veciñal do Agra e a Asociación África Universal para celebrar a Fin de Ramadán o o pasado sábado na Coruña.

 

«A intención é xerar un espazo de solidariedade e coñecemento recíproco nun ambiente lúdico e alegre, a través dunha palestra onde mulleres de diferentes países falarán da súa visión como mulleres e musulmás, así como, a través dun picnic intercultural amenizado con música e baile» comunican desde SOS Racismo en Galicia. Así, reivindícase o dereito de celebrar, en espazos públicos, festas populares que representen a diversidade cultural galega «desfrutando da comida, música e baile, na compañía da veciñanza da Coruña».

 

Mina Shayan, membro de «Mulleres musulmás pola participación social» en declaracións para Galicia Confidencial afirmou que cómpre «eliminar os prexuizos e desmontar os estereotipos como a muller sumisa e vítima«. «Hai que visibilizar a cara activa, como con diferentes orixes e perspectivas sofren as mesmas discriminacións por ser negras, pobres…Hai que visibilizar que son moi distintas e parecidas ao mesmo tempo» sinalou Shayan.

 

Seguir leyendo 

Te puede interesar también:

El Madrid andalusí, entre la historia y la memoria

Publicado originalmente por EDITORES el22 JULIO, 2022 DANIEL GIL-BENUMEYA UNIVERSIDAD COMPLUTENSE DE MADRID Restos del Madrid …

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *